L2102017 - Introdución ao Sistema Lupo

O próximo sábado 4 de xuño terá lugar esta actividade no Salón de Actos do Concello de Xove
A transformación de espazos, o traballo cooperativo e as metodoloxías activas serán os eixes principais desta xornada
Xov, 12/05/2022 - 11:01
lupo
lupo

O próximo sábado 4 de xuño celebrarase a actividade L2102017 - Introdución ao Sistema Lupo no Salón de Actos do Concello de Xove. Unhas Xornadas presenciais de 8 horas co relator Fermín González Blanco.

Obxectivos

1.Sensibilizar ao profesorado nos procesos de transformación de espazos.

2.Xerar dinámicas de traballo cooperativo de toda a Comunidade Educativa.

3.Formar ao profesorado en procesos creativos incidindo en metodoloxías activas.

Contidos

1.Visualización e análise de experiencias de boas prácticas xa executadas noutros centros educativos; e das que se atopan en proceso.

2.Procedementos e ferramentas para ler a Arquitectura e os espazos educativos interiores e exteriores.

3.Educación ambiental en desenvolvemento sostible, a través da xestión responsable dos recursos que teñamos dispoñibles, fomentando a reutilización de materiais e/ou espazos.

Menús CAFI node R

 

Sección