L2101076 O poder da educación nos Museos
Encaramos a recta final do curso cunha das actividades máis interesantes deste terceiro trimestre. L2101076 O poder da educación nos Museos terá lugar entre o próximo 25 de maio e 2 de xuño.
Aínda estades a tempo de formar parte dela. A data límite de inscrición é o 10 de maio. A actividade, de 20 horas de duración, levarase a cabo en diferentes museos da Rede Museística Provincial de Lugo. A última sesión será online.
Obxectivos
1.Promover a educación en valores humanizadores e as estratexias necesarias para o desenvolvemento de sociedades sostibles, inclusivas, equitativas e xustas a través dos museos.
2.Potenciar a dimensión relacional da educación máis alá do espazo físico a través das visitas virtuais e os recursos do territorio.
3.Dar a coñecer redes, proxectos, axentes implicados e novas propostas inspiradoreas da Rede Museística Provincial para toda a comunidade educativa.
Contidos
1.Marco da educación para o desenvolvemento sostible.
2.Rumbo 2030. Os ODS a través das coleccións dos catro museos.
3.Propostas multidisciplinares transformadoras dos museos da Rede Museística.
4.O territorio e a comunidade como recurso educativo para traballar a igualdade, a inclusión e a sustentabilidade.
5.Proxectos vencellados as mulleres rurais: Recolectoras, Memoria e Terra.
6.O valor da educación. Repensando conxuntamente: museos, familia e profesorado.
7.As novas tecnoloxías como ferramentas educativas dos museos.