S2101125 Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais
Esta formación darache a oportunidade de compartir propostas de acción para implementar na aula referidas a esta temática
Lun, 28/03/2022 - 17:41
É un curso para afondar en cuestións teóricas sobre sexualidade e igualdade nas relacións afectivo-sexuais do alumnado, propicia a reflexión sobre estas temáticas no ámbito escolar e ademais inclúe aproposta de accións para levar a cabo neste contexto.
Desenvolverase ao longo de 4 sesións presenciais de 3h de duración cada unha delas e unha parte non presencial de 8h. En total son 20 horas de formación. Datas: 27 de abril, 4,11 e 25 de maio (parte presencial).
Prazo para inscribirse: ata o 3 de marzo