L2102020 Propostas curriculares para traballar o desenvolvemento sostible
O próximo 27 de abril dará comezo esta actividade do CFR Lugo
O desenvolvemento sostible, como epicentro desta actividade
Ven, 18/03/2022 - 11:41
A inscrición pódese realizar a través de FProfe. Deixámosvos por aquí os obxectivos e contidos desta actividade, que comeza o próximo 27 de abril.
Obxectivos
1. Analizar o concepto de desenvolvemento sostible e a súa influencia desde diferentes perspectivas e disciplinas.
2. Identificar os elementos do currículo relacionados co desenvolvemento sostible.
3. Deseñar propostas de aprendizaxe para traballar co alumnado o desenvolvemento sostible.
Contidos
1. O desenvolvemento sostible desde diferentes perspectivas e disciplinas.
2. A Axenda 2030.
3. Elementos curriculares relacionados co desenvolvemento sostible.
4. Boas prácticas.
5. Deseño de propostas de aprendizaxe sobre desenvolvemento sostible.