Preguntas frecuentes
-
O noso centro está rexistrado en Erasmus? Qué é o OID do centro?
-
Que é o OID? Como podemos saber se o noso centro xa está rexistrado e ten OID?
O OID é un identificador. Ten o formato E seguido de oito díxitos. Pode consultar se o seu centro ten código OID (é dicir, se o seu centro está rexistrado) na seguinte páxina: (recomendamos sempre buscar só unha parte do nome do centro. Por exemplo, no CEIP Emilia Pardo Bazán, buscaremos só “pardo”): https://webgate.ec.europa.eu/erasmus-esc/index/organisations/search-for-an-organisation
Se o centro ten OID poden aparecer os seguintes estados:
- Como podemos rexistrar o noso centro en Erasmus?
-
Se o centro educativo non ten OID (ver a pregunta anterior) accederemos ao Rexistro de Organizacións da Comisión Europea co EU Login do centro. Debemos rexistrar o noso centro co nome completo e a ortografía correcta. Para completar o rexistro, ademáis de cubrir os campos da solicitude como se indica máis abaixo, deberemos subir a documentación preceptiva. https://webgate.ec.europa.eu/organisation-registration/register/screen/home/organisation/organisationData
-
Temos OID pero perdéronse os datos de acceso. Como podemos recuperalos?
-
Se o centro ten OID, hai unha conta de correo asociada. Esa conta de correo da acceso a ORS (o rexistro que contén todos ls datos do centro para el programa Erasmus+) e outras aplicacións de Erasmus+. Se no seu centro ninguén lembra o enderezo de correo electrónico de acceso, hai que facer unha solicitude de cambio de administrador.
Estes son os pasos que deben seguir, sempre con coñecemento da persoa directora do centro:
- Escoller un enderezo electrónico para empregar a partir de agora. Aconsellamos que sexa institucional do centro, para que nunca se perda o acceso aínda que haxa cambio no Equipo Erasmus ou na dirección do centro.
- Dar de alta ese enderezo electrónico en EU Login, en caso de que non o estea aínda.
- Acceder a EU Login con ese enderezo electrónico.
- En EU Login, localizar o UID (Unique Identifier at the Comission). Para iso, sitúese na roda xunto ao nome, na esquina superior dereita. Escollemos "My Account" e logo "My Account Details". Aí aparece o UID.
- Redactar unha solicitude asinada solicitando o cambio del administrador en ORS. A solicitude ten que incluir os seguintes datos:
- Nome da institución,
- OID da institución,
- Teléfono da institución,
- Nome e apelidos da persona de contacto,
- Enderezo de correo do novo administrador (ver paso 1),
- O UID (Unique Identifier) (ver paso 3)
- Acceder á Sede Electrónica do SEPIE: http://www.sepie.es/aplicaciones-web/solicitud_generica.html
- Rexistrar a súa solicitude.
-
Que é o EU Login? Como podo activalo?
-
É o sistema de autenticación da Comisión Europea. Está vencellado a un enderezo de correo electrónico.
Pódese usar calquera enderezo de correo electrónico, tendo en conta que haberá que acceder á caixa de correo para resetear contrasinal e, ocasionalmente, para confirmar o acceso Se o EU Login está vencellado a edu.xunta, nunca perderemos o acceso, xa que sempre poderemos acceder e recuperar o contrasinal (é importante recordar se puxemos edu.xunta.es ou .gal, porque para EU Login serán enderezos distintos!).
Cada docente pode ter un, ou máis EU Login. Porén, ter máis dun EU Login por persoa adoita crear confusións, e só debemos ter un EU Login por persoa usuaria.
No momento da creación do EU Login recomendamos cubrir co nome e apelidos completos, respectando o uso de maiúsculas e tildes diacríticas.
-
Estamos iniciándonos na solicitude de proxectos de mobilidade de curta duración. Onde podemos atopar información?
-
Estas presentacións e vídeos son de moita utilidade:
CONVOCATORIA 2024 SCH e ADU: http://sepie.es/comunicacion/jornadas/index.html#9_febreroka122a,9_febreroka122b
Cómpre lembrar que nas seguintes convocatorias haberá variacións no formulario de solicitude. Porén, este material pode ser de utulidade ata que se celebre a xornada informativa da seguinte convocatoria.
-
No noso centro temos un proxecto KA122. Onde hai información de apoio?
-
As presentacións e o vídeo das xornadas iniciais para os centros con proxectos KA122 para a última convocatoria están recollidas en:
CONVOCATORIA 2024: http://sepie.es/comunicacion/jornadas/index.html#3_4_octubrea,3_4_octubreb
CONVOCATORIA 2023: http://sepie.es/comunicacion/jornadas/2023-jornadas-sepie.html#5y6_octubrea,5y6_octubreb
Cómpre lembrar que cada proxecto ríxese pola convocatoria do ano no que se solicitou. Estas xornadas iniciais se celebraron en outubro de cada ano, en sepie.es se pode acceder a cada unha das sesións iniciais anuais.
Ademáis, o SEPIE ofrece titoriais de Beneficiary Module (BM). Pódense atopar nesta ligazón: http://www.sepie.es/educacion-escolar/seguimiento-KA1.html
-
Que é a Acreditación Erasmus? Como podemos obtela?
-
A acreditación Erasmus é un recoñecemento por parte de la Comisión Europea para os centros educativos. Solicítase a través da acción clave KA1, co formulario KA120. Esta acreditación non é obrigatoria para os centros, pero presenta numerosas vantaxes na xestión dos proxectos KA1, como son garantizar o acceso ás mobilidades e a simplificación das xestións deses proxectos KA1.
Como funciona a acreditación de centros con distintos niveis educativos?
Cada sector dispón da súa propia acreditación. Se un centro conta con varios sectores, pode solicitar a acreditación en cada un deles por separado. Por exemplo, un centro que conte con tres niveles educativos, equivalentes a sectores (ensino secundario, EPA e Ciclo Formativo de Grao Medio), podería solicitar as acreditacións no sector escolar (KA120-SCH), sector de persoas adultas (KA120-ADU) e no sector de Formación Profesional (KA120-VET).Que validez ten unha acreditación?
As acreditacións (KA120) forman parte do novo programa Erasmus+ 2021 – 2027. Se o seu centro conta cunha acreditación (KA120), esta será válida ata 2027.O noso centro non está acreditado: podemos solicitar un proxecto de mobilidade?
Si. O feito de non estar acreditado nun sector non impide solicitar a participación en proxectos de mobilidade.Poden colaborar centros acreditados con centros non acreditados?
Si. Un centro acreditado pode enviar aos seus participantes a unha institución de acollida sen acreditar, e viceversa. Cada centro debe cumprimentar o formulario que lle corresponde: KA121 o acreditado e KA122 o centro non acreditado.Para máis información, recomendamos ver o vídeo da xornada vitual do SEPIE para solicitudes de acreditación (convocatoria 2024)
http://sepie.es/comunicacion/jornadas/index.html#3_4_octubrea,3_4_octubreb
-
Como podemos atopar institucións socias en Erasmus+?
-
- Participando nunha TCA
Pódese entrar en contacto con centros educativos dos países que participan no Programa Erasmus+ asistindo a unha TCA. Unha TCA é unha Actividade de Formación e Cooperación, nas súas siglas en inglés.
As actividades que se ofertan diversas, entre as que destacan as visitas de estudo, os seminarios de contacto e os seminarios temáticos.Toda a información está recollida en:
Educación Escolar: http://sepie.es/educacion-escolar/seminarios.html#contenido
Educación de Persoas Adultas: http://sepie.es/educacion-adultos/seminarios.html#contenido
- A través da European School Education Platform, da Comisión Europea.
Na pestana Networking os centros educativos publican propostas de mobilidades Erasmus+, asociacións de cooperación, etc. As persoas que teñen rexistro na plataforma poden tamén engadir publicacións para buscar institucións socias. Ademáis, esta plataforma é o fogar de eTwinning, a maior rede segura de profesorado en Europa:
https://school-education.ec.europa.eu/en
- Contactando coas Embaixadas ou as Consellerías de Educación.
Contactos en Irlanda: a Consejería de Educación en el Reino Unido e Irlanda promociona contactos entre centros educativos, para o cal hai un formulario accesible: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/reinounido/convocatorias-programas/convocatorias-reinounido/contactos-entre-centros-educativos.html
Contactos en Alemania: a Conferencia de Ministros de Educación da República Federal de Alemania (PAD) é a institución estatal en Alemania que traballa en nome dos estados federados para o intercambio internacional e a cooperación internacional no sector escolar. Dispón dun servizo de intercambio pedagóxico: https://www.kmk-pad.org/