Recoñecementos

A participación en programas europeos pode ser recoñecida como horas de formación do profesorado.

Para obter máis información sobre a solicitude diríxanse a Servizo de Programas de Formación: formacion.fprofe[@]edu.xunta.galAcceda á normativa do programa correspondente:

    Recoñecemento da participación no programa Erasmus+ 2021-2027

    RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se regulan o recoñecemento, a certificación e o rexistro da participación do profesorado en proxectos europeos como actividades de formación permanente do profesorado.

    Erasmus+

    Os recoñecementos asociados a esta convocatoria deben ser solicitados polo centro educativo como organización e para todo o profesorado participante en cada curso académico.

    Os centros educativos deberán utilizar esta ferramenta para comunicar os datos do profesorado participante. 

    Nela os centros poderán cargar os roles recoñecibles por formación segundo a RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024, utilizando tamén toda esa información que xa está gardada no Beneficiary Module (BM). Para proceder deberedes descargar o excel do BM. Alén diso:

    Na primeira pestana tedes as instrucións de uso da ferramenta.

    • É importante lembrar que os roles de KA2 e aqueles de KA1 que non xeran gasto, non figuran recollidos na BM, polo será preciso metelos manualmente usando os menús despregables na folla 3 - Formulario de datos.
    • Non se deben borrar as fórmulas das celas - está bloqueado todo o que foi posible bloquear para evitar erros, pero recoméndase traballar sempre nunha copia para poder volver atrás ao documento orixinal en caso de eliminar algún campo relevante. Os recoñecementos que implican mobilidade deben vir acompañados dun certificado emitido pola organización de acollida. Unha vez cumprimentados todos os datos, é preciso exportar a folla a pdf para ser asinada dixitalmente pola persoa responsable no centro (dirección ou en quen delegue). A solicitude electrónica debe conter o pdf asinado e o arquivo .ods, lexible electrónicamente. A devandita solicitude cos arquivos adxuntos (pdf, ods e certificados) debe dirixirse a través dun procedemento xenérico PR004A ao Servizo de Programas de Formación da DX de Centros e Recursos Humanos.

    Acceso á ferramenta.

    Recoñecemento da participación no programa Erasmus+ 2014-2020

    Resolución do 23 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e innovación educativa, pola que se regula o recoñecemento, a certificación e o rexistro da participación do profesorado en proxectos europeos como actividades de formación permanente do profesorado.

    Erasmus+

    Os proxectos desenvolvidos entre os anos 2014-2020 son susceptibles de ser recoñecidos en horas de formación, en función do tipo de proxecto e do rol desenvolvido pola persoa participante nel, se sodes centro socio ou centro coordinador do proxecto etc ao abeiro desta Resolución. Nos anexos I e II da resolución establécense as equivalencias.

    A solicitude pode ser realizada de xeito individual pola persoa docente interesada, ou polo centro en nome de todas as persoas participantes no proxecto nese centro educativo. Deberá xuntarse un acta asinada pola dirección na que se recolla o número de convenio, anos de desenvolvemento, rol que desenvolveu cada persoa no proxecto e lugar de celebración. No caso de estares a falar dunha mobilidade por observación ou para facer un curso estruturado, será preciso, alén do anterior, o certificado emitido pola organización de acollida, no que figuren data de comezo e de fin, horas (no caso do curso estruturado) e lugar de celebración.

    Nesta ligazón pódese descargar o modelo de acta.

    É preciso cursar a solicitude por sede electrónica cun procedemento xenérico dirixido ao Servizo de Programas de Formación da D.X. de Centros e Recursos Humanos, para xerar constancia rexistral.

    eTwinning
    - A RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024 contén un erro que foi corrixido no Dog de 22 de xaneiro de 2025. En breve publicarase neste espazo unha ferramenta para facilitar a solicitude de recoñecemento.
    - Os proxectos anteriores areo 09 de decembro de 2024 recoñeceranse ao abeiro da Resolución do 23 de agosto de 2016 e deberán xuntar un acta seguindo o modelo do anexo V da devandita resolución.