Título node Learning object

Atrévete a pescudar con elas!
Ven, 11/02/2022 - 13:33
Atrévete a pescudar con elas!

Con este propósito realizamos dous audiovisuais, un dirixido a escolares de educación primaria (que podedes consultar nesta ligazón) e outro dirixido a escolares de educación secundaria (que podedes consultar nesta ligazón). Neles participaron investigadoras da nosa universidade para dar a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital e, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.  

Para participar nesta iniciativa, hai que visualizar os contidos audiovisuais e logo facer unha gravación preguntando o que se queira ás persoas científicas.

Data de participación: ata o 31 de marzo de 2022 

Como participar: enviar os  vídeos a través da seguinte ligazón

Entre as persoas participantes realizarase un sorteo para visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da UDC e así poder ver o lugar de traballo das científicas!