Título node Learning object

Día mundial da radio
Ven, 04/02/2022 - 12:58
Ponte nas ondas

Ponte...nas ondas! fai un chamamento aos centros educativos galegos e portugueses  para que envíen os seus traballos co patrimonio inmaterial, en calquera formato audiovisual, para seren exhibidos no portal ESCOLAS NAS ONDAS o día 13 de febreiro con  motivo do Día Mundial da Radio.

Proponse a realización de  programas de radio en  diversos formatos e xéneros, podcasts, entrevistas a persoas portadoras do PCI, interpretacións de expresións do patrimonio ( cantigas, regueifas, contos, lendas, etc.), etc.

Os centros educativos teñen de prazo até o 11 de febreiro para os envíos a:

web@escolasnasondas.com

www.escolasnasondas.com