Título node Learning object

V Xornada eXXperimenta en feminino de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas
Mér, 26/01/2022 - 12:32
 V Xornada eXXperimenta en feminino de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas

A Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e Escola Universitaria de Enfermaría organizan a V Xornada eXXperimenta en feminino de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Esta xornada está aberta á participación de todos os centros educativos da provincia de Ourense, e celebrarase o día 11 de febreiro de 2022 (venres) de 11:30 a 17:00 na Rúa do Paseo  de Ourense (entre Parque de San Lázaro e Rúa da Concordia). Esta xornada pretende proporcionar ao alumnado a posibilidade de participar na realización de experimentos científicos e tecnolóxicos e coñecer as titulacións científicas e tecnolóxicas que se imparten no Campus de Ourense.

Aínda que a xornada se realiza ao aire libre, por motivos sanitarios e para facilitar a visualización/participación nas actividades, recoméndase que os centros que asistan se organicen en subgrupos de arredor de 20 persoas.

A xornada está aberta ao publico en xeral polo que o alumnado tamén poderá asistir acompañado dos seu pais ou titores no horario non lectivo.

Para máis información poden escribir ao enderezo:  exxperimentaenfeminino@uvigo.gal