Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, convocatoria para o exercicio 2022
Programa: Axudas de apoio á etapa predoutoral
Data de publicación DOG: 31.01.2022
Código do procedemento: ED481A
Prazo de presentación de solicitudes: Do 1 de febreiro de 2022 ao 28 de febreiro de 2022
Cal é o obxecto destas axudas?
A contratación de persoal nas súas etapas iniciais constitúe a base para que, mediante procesos formativos estables, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador, e ademais permite lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos.
Novidades desta convocatoria:
-
Aumenta a duración destas axudas a catro anos. Durante este cuarto ano da axuda, poderase proseguir coa actividade predoutoral; ou ben, no caso de que se lea a tese durante o terceiro ano da axuda, o contrato vixente poderase transformar nun contrato de capacitación para a formación posdoutoral.
-
A selección das persoas candidatas farase en dúas fases e non se esixirá o requisito de estar matriculado nun programa de doutoramento; agora ben, nas respectivas solicitudes deberá existir un compromiso de matriculación da persoa candidata nun programa de doutoramento dunha universidade do Sistema Universitario de Galicia; ademais, con cargo a esta convocatoria finánciase a matrícula de doutoramento das persoas seleccionadas.
Quen pode solicitar estas axudas?
-
A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade financia as universidades do Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG).
-
A Axencia Galega de Innovación financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.
Tipo e intensidade da axuda:
-
Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
-
Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
-
Intensidade da axuda: 100 %
-
Duración das axudas: un máximo de 4 anos
-
Orzamento total: 11.424.000,00 euros (a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 1.344.000,00 euros)
Número e importe das axudas
-
Poderanse conceder un máximo de 102 axudas: 90 para as universidades do SUG e 12 para as demais entidades.
-
O importe máximo de cada axuda é de:
-
24.000 € anuais durante os tres primeiros anos de contrato
-
29.000 € durante o cuarto ano
-
30.000 € no caso de que a persoa candidata acceda ao contrato de capacitación para a formación posdoutoral
Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais.
-
As estadías no estranxeiro de tres meses de duración terán un importe máximo de 6.000 €, en función do destino da estadía, de acordo coa seguinte distribución:
-
Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.
-
Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América (agás EUA e Canadá).
-
Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.
-
Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.
A onde acudir?
Para solicitudes presentadas por universidades do Sistema Universitario de Galicia:
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881995152 / 881995157 Fax: 881999135
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal
Para solicitudes dos organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal
Orde do 31 de decembro de 2021 (DOG)
Extracto da Orde do 31 de decembro de 2021 (DOG)
Axudas predoutorais 2022 dunha ollada
Resumo procedemento de concesión axudas predoutorais 2022
Presentación do programa de axudas predoutorais 2022
Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas Predoutoral 2022
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas Predoutoral 2022
Corrección de erros. Listaxe definitiva de solicitudes admitidas Predoutoral 2022
Resolución da Primeira fase da convocatoria de axudas predoutorais do ano 2022
Listaxe méritos non acreditados axudas predoutorais do ano 2022
Comunicación erro material
Comunicación suspensión Predoutorais 2022
Reinicio computo prazos Predoutoral 2022
Resolución provisional da segunda fase da convocatoria das axudas de apoio á etapa Predoutoral do ano 2022
Resolución da segunda fase da convocatoria das axudas de apoio á etapa Predoutoral do ano 2022
Resolución parcial do 17 de novembro de 2022 (Carácter informativo)
Resolución do 17 de novembro de 2022: Adxudicación das axudas (DOG)
Resolución do 31 de marzo de 2023 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 17 de novembro de 2022 (DOG)
3ª resolución das axudas predoutorais 2022 (DOG)
Listaxe de estadías predoutorais 2022
ORDE do 19 de marzo de 2025 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2021