Convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do SUG que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2021/22, teña dificultades económicas para continuar estudos
Xúntase a Orde do 26 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2021/22, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A).
- Prazo de presentación das solicitudes:
a) Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
b) Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida e, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes será o 31 de xullo de 2022, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.2.