Título node Learning object

Charla online "Os elementos do crime"
Ven, 26/11/2021 - 13:25
Charla online "Os elementos do crime"

O MUNCYT da Coruña da unha charla especialmente dirixida a estudantes de Secundaria, Bacharelato e FP para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos.
A fascinación humana polos velenos remóntase ao principio dos tempos. Cicuta, arsénico, cianuro, talio, polonio... Adela Muñoz Páez fará unha viaxe insólita polos momentos máis relevantes da historia a partir de famosas intoxicacións, e descubrirá a composición dos velenos que acabaron coa vida de ilustres personaxes como Sócrates, Cleopatra, o emperador Claudio, Rasputín ou Adolf Hitler, pero tamén responderá a preguntas como que acendeu a mecha e desatou a caza de bruxas en Europa a partir do século XVII ou cal foi o uso do cianuro na Segunda Guerra Mundial sobre todo nos campos de concentración.

INFORMACIÓN E ACCESO

Venres 10 de decembro ás 12:00 h. Duración estimada: 75 min.

• Grupos de centros educativos (Educación Secundaria, Bacharelato, FP) e público en xeral.

• Actividade só dispoñible en liña. Emisión en directo en formato dixital a través do Facebook de MUNCYT: https://www.facebook.com/muncyt/ a canle de YouTube da FECYT: https://www.youtube.com/c/FECYTciencia

• Os centros educativos que confirmen a súa participación poderán enviar unha consulta ou comentario a Adela Muñoz antes da charla a través do correo electrónico: reservascor@muncyt.es

• Máis información na páxina web do museo: 

http://www.muncyt.es/portal/site/MUNCYT/menuitem.bf4d937ac7211fe03b40824c01432ea0/?vgnextoid=9ec5e42baddea410VgnVCM1000001d04140aRCRD