Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitiva das listas de interinidades e substitucións en determinadas especialidades do corpo de catedráticos (593) e do corpo de profesores de música e artes escénicas (594)
Xúntase a Resolución do 25 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, nas especialidades de instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco (594417) e de frauta de bico (594411) e no corpo catedráticos de música e de artes escénicas, especialidade de guitarra (593035),
As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
Achégase resolución, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas.
Resolución do 13 de outubro de 2020 de habilitación do procedemento ED003A
Resolución do 19 de outubro de 2021
Impreso de autobaremación méritos
Resolución do 10 de novembro de 2021
Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594417)
Resolución do 12 de novembro de 2021
Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594411)
Resolución do 15 de novembro de 2021
Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 593035)
Resolución do 25 de novembro de 2021
Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (593035, 594411 e 594417)