Resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de catedráticos (593) e do corpo de profesores de música e artes escénicas (594)
Publícase a resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións do corpo catedráticos de música e de artes escénicas (593) especialidade guitarra (035) e no corpo de profesores de música e artes escénicas (594), nas especialidades de frauta de bico (411) e instrumentos de corda pulsado, do renacemento e do barroco (417) (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ mércores día 20 de outubro ata o día 3 de novembro de 2021, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ mércores día 20 de outubro de 2021.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documetación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.
Resolución do 13 de outubro de 2020 de habilitación do procedemento ED003A Resolución do 19 de outubro de 2021 Impreso de autobaremación méritos Resolución do 10 de novembro de 2021 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594417) Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594417) Resolución do 12 de novembro de 2021 Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594411) Resolución do 15 de novembro de 2021 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 593035) Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 593035) Resolución do 25 de novembro de 2021 Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións ( 593035 e 594417) Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (593035, 594411 e 594417)