Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións na especialidade de pedagoxía terapéutica do corpo de mestres (597036)

Mér, 24/11/2021 - 15:02

Xúntase a Resolución do 24 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de pedagoxía terapéutica do corpo de mestres (597036) (código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

  • Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

  • Achégase resolución, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas.