Convocado o procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de pedagoxía terapéutica do corpo de mestres/as (597036)
Publícase Resolución do 25 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de pedagoxía terapéutica do corpo de mestres/as (597036) (código de procedemento ED003A)
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ martes día 26 de outubro ata o día 28 de outubro de 2021, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ martes día 26 de outubro de 2021.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos-Folla alegación méritos-, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.
Resolución do 13 de outubro de 2020 (DOG) Resolución do 25 de outubro de 2021 Folla alegación méritos Resolución do 12 de novembro de 2021 Listaxe provisoria de persoas admitidas xunto co baremo (Anexo I) Listaxe provisoria de persoas excluídas (Anexo II) Corrección Resolución do 12 de novembro de 2021 Corrección Listaxe provisional de persoas admitidas (Anexo I) Resolución do 24 de novembro de 2021 Listaxe definitiva de persoas admitidas xunto co baremo (Anexo I) Listaxe definitiva de persoas excluídas (Anexo II)