Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións na especialidade de guitarra no corpo catedráticos de música e de artes escénicas (593035)
Xúntase a Resolución do 15 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade guitarra no corpo catedráticos de música e de artes escénicas (593035).
-
As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal de Internet da consellería.
-
Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
-
Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas admitidas e excluídas.
Resolución do 13 de outubro de 2020 de habilitación do procedemento ED003A
Resolución do 19 de outubro de 2021
Impreso de autobaremación méritos
Resolución do 10 de novembro de 2021
Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594417)
Resolución do 12 de novembro de 2021
Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594411)
Resolución do 15 de novembro de 2021
Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 593035)
Resolución do 25 de novembro de 2021
Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (593035, 594411 e 594417)