Convocado o procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de chinés (592004) e de portugués (592015) do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas
Publícase a resolución do 2 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de chinés (592004) e de portugués (592015) do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592). (código de procedemento ED003A)
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 4 de novembro ata o mércores día 17 de novembro de 2021, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 4 de novembro de 2021.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación requirida, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.
Resolución do 13 de outubro de 2020 (DOG) Resolución do 2 de novembro de 2021 Resolución do 22 de novembro de 2021 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións (esp. 592004 e 592015) Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 592004) Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 592015) Resolución do 30 de novembro de 2021 Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións (esp. 592004 e 592015) Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 592004) Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 592015)