G2102025 Formación xestión Covid-19
Descrición do curso
Nesta actividade abordaranse os aspectos básicos relativos a autoprotección e prevención de riscos derivados da Covid-19.
Trataranse procesos de mellora na xestión de riscos orientados cara un enfoque proactivo da seguridade, así como a xestión de recursos e materiais de prevención.
Finalmente, abordarase a didáctica e a xestión do risco na aula, así como protocolos específicos orientados ás diferentes actividades desenvolvidas nos centros educativos, buscando unha
comunicación eficaz de todos estes aspectos.
Persoas destinatarias
Equipos directivos e equipos Covid (persoal docente) de centros educativos sostidos con fondos públicos.
Obxectivos
● Coñecer as situacións de risco vinculadas á situación de emerxencia sanitaria derivada da pandemia por Covid-19 e o enfoque de xestión da mesma desde os principios de autoprotección e prevención.
● Comprender e poñer en práctica os diversos protocolos específicos e orientacións para minimizar o risco derivado da Covid-19 nos centros educativos adaptados ao curso 2021-2022.
● Utilizar as vías de comunicación e difusión das sucesivas versións e instrucións particulares dos documentos base, dado que se atopan en constante revisión.
Horas
A duración será de 8 horas: 3 de traballo na Rede e 5 de telepresencia, a través de dúas sesións de videoconferencia.
Inscricións en Fprofe ata o 20 de setembro.
Ligazón á ficha do curso.