S2101135 Fundamentos e estándares en ciberseguridade
Curso de especialización en fundamentos e estándares de ciberseguridade para docentes de Formación Profesional.
Duración:
40 horas
Modalidade:
Mixta.
Horas presenciais: 24 (Videoconferencia vía Webex)
Horas non presenciais: 16 (En rede na plataforma virtual do curso)
Obxectivos:
1.Desenvolver plans de prevención e concienciación en ciberseguridade.
2.Coñecer a normativa vixente de ciberseguridade de ámbito nacional e internacional.
Contidos:
1.Principios xerais en materia de ciberseguridade. Normativa de protección do posto de traballo. Plan de formación.
2.Normas nacionais e internacionais. Sistema de Xestión da Seguridade da Información.
Datas:
06/09/2021 - 17/09/2021
Observacións:
Esta actividade realizarase totalmente de xeito telemático, a parte presencial a través de videoconferencias empregando Cisco Webex e a parte non presencial mediante unha aula virtual de apoio á docencia.
É unha actividade en colaboración con Telefónica.