Programa de intercambio en liña GALIMIENS para o curso 2021/2022

Mar, 29/06/2021 - 14:18

Resolución do 23 de xuño de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional pola que se regula a convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa de intercambio en liña GALIMIENS con alumnado de centros educativos da Académie d’Amiens (Francia) durante o curso 2021/2022.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no Portal Educativo.