Convocados os premios educativos Innovagal para o profesorado e os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2021/22
Resolución do 16 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan os premios educativos Innovagal para o profesorado e os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2021/22
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca por segundo ano consecutivo os premios educativos Innovagal co obxectivo de premiar a aqueles centros e docentes cunha traxectoria de compromiso coa innovación educativa ao desenvolver enfoques didácticos e/ou organizativos que buscan dar resposta ás necesidades do seu alumnado. Necesidades que varían en función do seu contexto sociocultural pero tamén en función dos cambios que, a nivel global, se están a experimentar na sociedade.
Modalidades e destinatarios:
- Modalidade centro: dirixida a centros docentes públicos dependentes desta consellería que oferten ensinanzas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.
- Modalidade docente: dirixida ao persoal docente funcionario de carreira que imparte ensinanzas en centros docentes públicos que oferten ensinanzas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.
Categorías:
- Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.
- Categoría B: centros públicos integrados e institutos de educación secundaria.
Premios e recoñecementos:
- Na modalidade centro outorgaranse tres premios cos seguintes importes: 10.000 euros para o 1º premio, 6.000 euros para o 2º premio, 3.000 euros para o 3º premio. Os centros premiados nesta convocatoria recibirán ademais o distintivo de “Centro educativo Innovagal”.
- Na modalidade docente outorgaranse oito premios dotados con 3.000 euros cada un e o profesorado premiado recibirá unha certificación de premio de innovación educativa cunha equivalencia de 50 horas de formación permanente do profesorado.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 5 de outubro de 2021
Para máis información: edu.innova@edu.xunta.gal.