Convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021
Convócase o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso escolar 2020/21.
Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:
-
Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.
-
Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.
Concederanse, para cada categoría, catro premios;
Categorías |
Premio |
Importe |
A |
1º premio |
5.000€ |
2º premio |
2.500€ |
|
3º premio |
1.000€ |
|
Accésit |
500 € |
|
B |
1º premio |
5.000€ |
2º premio |
2.500€ |
|
3º premio |
1.000€ |
|
Accésit |
500 € |
Os centros premiados co primeiro premio recibirán ademais o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Resolución do 15 de xuño de 2021 pola que se convoca o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021 Anexo I: solicitude de participación (formulario pdf) Resolución provisional dos Premios Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021 Resolución definitiva dos Premios Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021