Xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües

Ven, 04/06/2021 - 08:33

Resolución do 27 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes desta consellería non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.

Para realizar a solicitude debe accederse á aplicación www.edu.xunta.es/programaseducativos.

  1. Seleccionar PROGRAMAS DE ÉXITO EDUCATIVO e o CURSO 2021-2022.
  2. Logo ir a LISTAXE PROGRAMAS e seleccionar Acreditación alumnado LE centros públicos.
  3. A continuación premer en SOLICITAR (non é preciso cubrir ningún dato) e a seguir CREAR e despois GARDAR.
  4. Finalmente deben premer en PRESENTAR.
  5. A continuación deben ir ao depregable da esquerda, en LISTAR SOLICITUDES. Aparecerá a solicitude realizada e deben picar na columna ACCIÓN, na acción de editar (no lapis).
  6. A continuación deben cubri os datos do proxecto, no que só se lles solicitan os datos do alumnado que está interesado e se compromote a facer as probas. Unha vez cubertos estes datos deben premer en Rematar e enviar.

Ambos documentos poderán ser xerados desde a aplicación e ser gardados no centro. Non deben entregar ningún documento.

  • O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de xuño de 2021 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

 

 

Menú Advertisement

Lingua estranxeira

Sen términos