1º concurso de vídeos: "Plan contigo de tuenti"

Ven, 21/10/2011 - 11:00

A Policia Nacional e a Garda Civil organizan o concurso: "Plan contigo de tuenti".

 

 

O tema do vídeo será libre, sempre dentro dos que se tratan no Plan Contigo:
  • concienciación contra o acoso escolar;
  • o uso seguro de Internet; protexer a nosa privacidade na Rede; prácticas e riscos nas nosas relacións online con outras persoas, respecto e uso responsable das redes sociais, chats e webs; uso seguro da tecnoloxía (o ciberacoso ou ciberbullying, o grooming, o sexting, usurpación de identidade, o acceso a páxinas inseguras...).
  • seguridade no Tráfico; condución segura; circulación responsable; uso da moto, riscos da velocidade, as distraccións ou a alcoholemia...
  • tráfico e consumo de drogas e/ou alcol e as súas consecuencias directas e indirectas
  • integración, convivencia e respecto, sen importar as diferenzas na forma de ser, vivir ou orixe, nas contornas escolares e en calquera outro espazo.
  • ... e en xeral temas que apoien a idea dunha vida segura e a prevención de calquera falta ou delito.
- O vídeo debe ter unha duración mínima de 12 segundos e máxima de 2 minutos.

- Xunto ao vídeo enviaranse os datos de identificación dos participantes, mail, teléfono, lugar de residencia e relación entre eles, se pertencen a algunha institución ou asociación. O prazo de envío vencerá o 31 de outubro de 2011.

- Poden participar calquera persoa ou entidade, sen importar a súa idade ou procedencia. Cada participante poderá presentar tantas candidaturas como queira.

Máis información:

 

Menú Advertisement

Concursos

Sen términos

Departamento

Colectivo

Tema

Sección