Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións do corpo de profesores de relixión de primaria, especialidade relixión evanxélica (701402)
Publícase resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións do corpo de profesores de relixión de primaria, especialidade relixión evanxélica (701402) (código de procedemento ED003A)
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 19 de febreiro ata o día 4 de marzo de 2021, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 19 de febreiro de 2021.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.