Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2021
Orde do 27 de xaneiro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2021 (códigos de procedemento ED431C, IN607A, ED431B, IN607B, ED431F e IN607D).
- Prazo de presentación de solicitudes: do 17.02.2021 ao 16.03.2021
- Cal é o obxecto destas axudas?
Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:
- Modalidade A: Grupos de referencia competitiva (GRC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.
- Modalidade B: Grupos con potencial de crecemento (GPC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego.
- Modalidade C: Proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando con traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto. Segundo as características poden presentarse a dúas modalidades:
- Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada e,
- Liña de reforzo de traxectorias emerxentes.
- Quen pode solicitar estas axudas?
As universidades do Sistema universitario de Galicia que presentarán a súa solicitude ante a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Os organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur). Nos casos dos institutos de investigación sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do Servizo Galego de Saúde que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades. Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que presentarán a súa solicitude ante a Gain.
- Tipo e intensidade da axuda
Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
Intensidade da axuda: 100 %.
Orzamento total: 23.879.616 euros (o orzamento da Secretaría Xeral de Universidades será de 19.859.616 euros e o da Gain será de 4.020.000 euros).
- Importe das axudas
O importe máximo das axudas concedidas é o seguinte:
- Modalidade A (GRC).
As axudas terán unha duración máxima de 4 anos. O importe total de cada unha das axudas virá determinado por un módulo estrutural composto dun fixo de 25.000 € máis un variable máximo de 25.000 € tendo en conta os ingresos medios do grupo, e un módulo variable anual, dun máximo de 50.000 € (20.000, 30.000, 50.000 €), acumulable o anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo nos período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 31 de decembro de 2020.
- Modalidade B (GPC).
As axudas serán de aplicación por un período de 3 anualidades, mediante o pagamento dunha contía máxima de 20.000 € na primeira e de 35.000 € na segunda e terceira.
- Modalidade C (Proxectos de Excelencia)
No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora consolidada, as axudas serán de aplicación por un período de ata 4 anualidades, mediante o pagamento dunha contía máxima anual de 50.000€.
No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora emerxente, as axudas serán de aplicación por un período máximo de ata 5 anualidades, mediante o pagamento dunha contía máxima anual de 15.000€ para o ano 2021 e de 25.000€ para os anos 2022, 2023, 2024 e 2025.
- A onde acudir?
Para solicitudes presentadas por universidades do SUG:
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n 15781Santiago de Compostela
Teléfono: 881999541 / 881995156
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Para as demais entidades solicitantes indicadas (alleas ao SUG):
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Axencia Galega De Innovación
Praza de Europa (Área Central), 10A, 6º andar
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 981541096 Email: axudas.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal
Orde do 27 de xaneiro de 2021 (DOG) Extracto da Orde do 27 de xaneiro de 2021 (DOG) Modelo memoria solicitude GRC 2021 Modelo memoria solicitude GPC 2021 Modelo de memoria de solicitude de proxectos de excelencia 2021 Modelo de certificado universidade GRC 2021 Modelo de certificado universidade GPC 2021 Modelo certificado universidade proxectos de excelencia 2021 Listados provisionais de admitidos e excluídos GPC Listaxes provisionais de admitidos e excluídos GRC Listaxes provisionais de admitidos e excluídos proxectos de excelencia Listaxes definitivas de admitidos e excluídos axudas de consolidación 2021 Resolución das axudas de consolidación 2021 (carácter informativo agardando a súa publicación no DOG) Resolución do 28 de xuño de 2021: Concesión de axudas (DOG) Resultado avaliación final GPC 2021