Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FP

Ven, 29/01/2021 - 10:00

Publícase resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e de profesores técnicos de formación profesional (591). As especialidades convocadas son:

1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):

CÓDIGO

DENOMINACIÓN ESPECIALIDADE

590006

Matemáticas

 

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

CÓDIGO

DENOMINACIÓN ESPECIALIDADE

591205

Instalación e Mantemento de Equipamentos Térmicos e de Fluídos

 

Prazo de presentación de solicitudes: desde o LUNS día 1 de febreiro ata o día 3 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible LUNS día 1 de febreiro de 2021.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

 

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.