Resolución pola que se convoca procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato

Mér, 02/12/2020 - 09:51

Publícase resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, nos centros docentes públicos que dependen desta consellería. (702400) (código de procedemento ED003A)

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 3 de decembro ata o día 17 de decembro de 2020, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

 

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 3 de decembro de 2020.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar, coa solicitude e a restante documetación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

 

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

 

Menú Advertisement

Interinidades e substitucións

Sen términos