Título node Learning object

Seminario “Introdución á Educación ao Desenvolvemento”
Ven, 23/09/2011 - 14:27
CEIDA

Os vindeiros días, venres 30 de setembro e sábado 1 de outubro de 2011, terá lugar no salón de actos do CEIDA (Castelo de Santa Cruz, Oleiros), o Seminario “Introdución á Educación ao Desenvolvemento”, organizado pola ONG Viraventos.

O seminario, que terá oito horas de duración máis dúas de mesa redonda, brindaralle ao persoal voluntario das ONG’s galegas, a posibilidade de  formarse en temas relacionados cos distintos aspectos da educación ao desenvolvemento, como as súas dimensións, os ámbitos de actuación e tipoloxía de accións, así como os instrumentos financeiros específicos para o desenvolvemento de proxectos nesta área.

O prazo de inscrición está aberto ata o 29 de setembro.

Máis información: http://www.ceida.org/files/DipticoFortalecemento.pdf  ou no teléfono 881 889 460

Inscrición gratuíta en: http://viraventos.org/curso-2011-informacion/curso-2011