Proxectos de formación para o profesorado de FP para o curso 2020-2021
Mér, 14/10/2020 - 11:13
Publicada a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2020-2021 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.