Título node Learning object
O Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2020/2021 no seu capítulo 9 incorpora unha sección dedicada a "Igualdade, coeducación e prevención da violencia de xénero" na que se avanzan as liñas polas que se vai traballar. Con esta oferta formativa quérese favorecer o coñecemento e asensibilización do profesorado galego respecto da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, da violencia de xénero e da diversifobia.
Para favorecer a conciliación, ofrécese unha oferta de cursos en rede que cobren as 20 h (nivel básico) esixible ao persoal funcionario ao servizo da Administricación pública galega.
Ademais das actividades formativas ofertadas pola CEUFP, o Plan de Formación do Profesorado ofrece a posibilidade de formalizar a formación no propio centro (PFPP) a través de grupos de traballo ou seminarios. O prazo de inscrición remata o 28 de setembro de 2020.
Pódese consultar todas as actividades formativas en FPROFE.
-
En rede
-
Educación en igualdade para o departamento de orientación (G2001030). 2º trimestre. Duración: 25 h.
-
Educación en igualdade para o equipo directivo (G2001031). 2º trimestre. Duración: 25 h.
-
Educación en igualdade para o profesorado de educación infantil e primaria (G2001032). 2º trimestre. Duración: 25 h.
-
Educación en igualdade para o profesorado de ensino secundario e postobrigatorio (G2001033). 2º trimestre. Duración: 25 h.
-
Estratexias para a promoción da igualdade no ámbito educativo. Plan Proxecta (G2001042). 2º trimestre. Duración: 30 h.
-
Abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Plan Proxecta (G2001004). 2º trimestre. Duración: 30 h.
-
Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero. Plan Proxecta (G2001061). 2º trimestre. Duración: 30 h.
-
Xénero e consumo. Plan Proxecta (G2001077). 3º trimestre. Duración: 30 h.
-
Fomación inicial en igualdade (G2001101, de oficio). 1º trimestre. Duración: 20 h.
-
-
CAFI (Santiago de Compostela)
-
Plan de igualdade. Proposta de traballo para equipos directivos (S2002131). 1º trimestre. Duración: 8 h.
-
O coidado como contido coeducativo. Club de Letras 2020-21 (G2002006). 1º trimestre. Duración: 8 h.
-
Diversidade afectivo-sexual e familiar. Coñecer para acompañar (S2002321). 3º trimestre. Duración: 10 h.
-
Mocidade desmontando o patriarcado. Metodoloxía para o empoderamento xuvenil na prevención de violencias machistas aplicada á situación derivada de Covid-19 (C2001090). 3º trimestre. Duración: 20 horas.
-
-
CFR da Coruña
-
Plan de igualdade. Proposta de traballo para equipos directivos (S2002131). 1º trimestre. Duración: 8 h. ANULADA
-
-
CFR de Ferrol
-
Plan de igualdade. Proposta de traballo para equipos directivos (F2002114). 1º trimestre. Duración: 8 h. ANULADA
-
-
CFR de Lugo
-
Plan de igualdade. Proposta de traballo para equipos directivos (L2002087). 1º trimestre. Duración: 8 h. ANULADA
-
-
CFR de Ourense
-
Plan de igualdade. Proposta de traballo para equipos directivos (O2002092). 1º trimestre. Duración: 8 h. ANULADA
-
-
CFR de Pontevedra
-
Plan de igualdade. Proposta de traballo para equipos directivos (P2002119). 1º trimestre. Duración: 8 h. ANULADA
-
A diversidade sexual e de xénero nas aulas (P2002204). 3º trimestre. Duración 8 h.
-
-
CFR de Vigo
-
Plan de igualdade. Proposta de traballo para equipos directivos (V2002151). 1º trimestre. Duración: 8 h. ANULADA
-
Como medida de conciliación, cómpre ter en conta tamén o dereito preferente das persoas con licenza ou excedencia por coidado familiar (pódese consultar toda a información nesta nova ou na páx. 22 do Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2020/2021).
Cómpre lembrar que, segundo o recollido no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, o persoal ao servizo da Administración pública debe recibir formación en materia de igualdade para obter coñecementos básicos que lle permitan aplicar o principio de igualdade no seu exercicio profesional. No dito decreto recóllese o que segue:
-
nivel básico: obrigatorio; 20 horas de duración; prazos para adquisición:
-
novo persoal funcionario: 6 meses (durante a realización da fase de prácticas).
-
persoal docente que xa é funcionario: ata 10 anos desde a entrada en vigor do Decreto 70/2017 (isto é, ata o 1/02/2028).
-
-
nivel medio: opcional; 150 horas.
-
nivel superior: opcional, pero obrigatorio para acreditarse como persoal formador; 500 horas.