Convocado o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas
Orde do 4 de xuño de 2020 pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.
Para participar nesta convocatoria de acceso a un dos corpos de catedráticos é necesario posuír o título de Doutoramento, Licenciatura, Enxeñería, Arquitectura ou título de Grao correspondente, ou titulación equivalente para os efectos de docencia no correspondente corpo e especialidade e unha antigüidade mínima de oito anos como persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas ou do corpo de profesores de artes plásticas e deseño, segundo o corpo de catedráticos ao que aspire a acceder.
Só se poderá participar pola especialidade ou especialidades das que se é titular.
De conformidade coa base 3.10 da convocatoria, o prazo de solicitudes abrangue dende o 23 de xuño de 2020 ata o 14 de xullo de 2020, ámbolos dous incluídos.
A solicitude poderá presentarse en calquera dos lugares previstos na base 3.8 da convocatoria. Para facilitar a presentación entre os lugares está "a secretaría do centro educativo no que presta servizos o persoal aspirante".
Para realizar a súa solicitude debe acceder a páxina web www.edu.xunta.gal/oposicions/ onde visualizará os méritos que constan no seu expediente e a puntuación que se lle propón en cada un dos apartados, epígrafes e subepígrafes do baremo publicado como anexo II na orde de convocatoria.
Os méritos compútanse ata o 14 de xullo de 2020, data na que remata o prazo de presentación de solicitudes.
Para alegar os méritos que non consten na base de datos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional poderá facelo accedendo á páxina web: www.edu.xunta.gal/datospersoais/
No suposto de que teña a puntuación máxima no concurso e, de faltarlle méritos no seu expediente, resulta conveniente que os alegue xa que no apartado 8.3.d) da convocatoria establécese como último criterio de desempate "Os criterios establecidos anteriormente, a), b) e c) pola orde na que aparecen no anexo II sen os límites máximos de puntuación establecidos en cada caso"
Asemade, poderá efectuar alegacións a aqueles méritos que constan na base de datos e non se lle bareman ou non está de acordo coa baremación e para isto deberá acceder na páxina web www.edu.xunta.gal/oposicions a súa solicitude na lapela "Baremo" / botón "Alegar baremo". Unha vez teña feitas as alegacións poderá xerar e imprimir o pdf no botón "Xerar pdf alegacións baremo".
Orde do 4 de xuño de 2020 (DOG) Corrección de erros da Orde do 4 de xuño de 2020 (DOG) Resolución provisional de admitidos e excluídos Listaxe provisional admitidos Listaxe provisional excluídos Resolución do 7 de maio de 2021. Data do sorteo e composición dos tribunais (DOG) Resultado do sorteo dos tribunais cualificadores Composición dos tribunais cualificadores Resolución baremación provisional Baremo provisional (corrixido) Instrucións para a presentación dos méritos alegados nas subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4 do Anexo II Criterios de baremacion subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4 do Anexo II Resolución 05-11-2021 baremo provisional 3.2.1 e 3.2.4 Anexo Baremo provisional 3.2.1 e 3.2.4 Resolución pola que se fan públicas as puntuacións definitivas Anexo I do baremo definitivo Anexo II do baremo definitivo Resolución do 1 de decembro de 2021 definitiva de admitidos e excluídos Anexo I: Listaxe definitiva de persoas admitidas no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de PES, APD e EOI Anexo II: Listaxe definitiva de persoas excluídas no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de PES, APD e EOI Aprobados do procedemento selectivo. Orde do 9 de febreiro de 2022 (DOG) Anexos coa relación definitiva de persoas seleccionadas ordenada por corpos, quendas e especialidades Acordo do 21 de febreiro de 2022 Relación de puntuacións definitivas obtidas polo persoal participante, desagregadas por apartados, epígrafes e subepígrafes, ... Orde do 12 de abril de 2022 pola que se modifica o anexo I da Orde do 9 de febreiro de 2022 (DOG)