Ábrese o prazo de solicitudes para comisións de servizo por conciliación da vida familiar e laboral e para comisións de servizo por razóns de saúde para o curso 2020/2021
Orde do 14 de maio de 2020 pola que se abre o prazo para que o persoal docente solicite comisión de servizos por motivos de saúde, en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral, e o persoal docente interino e substituto solicite non participar na convocatoria de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2020/21.
O prazo de solicitudes para comisións de servizo por razóns de saúde e para comisións de servizo por conciliación da vida familiar e laboral é do 25 de maio ata o 5 de xuño de 2020, ambos incluídos, tal e como se establece no artigo 1 da Orde do 14 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 97 do 20 de maio).
Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.
Teléfonos de contacto:
Profesorado de secundaria: 981 545406, 981 545407, 981 545255, 981 544486
Mestres: 981 544482, 981 544488, 981 545 440
Enderezos de correo electrónico:
Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es
Orde do 14 de maio de 2020 (DOG) Orde de concilia Resolución provisional Listado provisional excluídos primaria Listado provisional excluídos secundaria Listado provisional relixión Listado provisional admitidos primaria Listado provisional admitidos secundaria Resolución do 17 de xullo de 2020 Listado provisional admitidos-excluidos primaria Listado provisional admitidos-excluidos secundaria Listado provisional admitidos-excluidos relixión Resolución definitiva do 27/07/2020 Listados definitivos de Relixión Listados definitivos excluídos Secundaria Listados definitivos excluídos Mestres Listados definitivos de admitidos Secundaria Listados definitivos de admitidos de Mestres Resolución definitiva do 30 Xullo 2020 (Saúde) Listado definitivo saúde relixión Listado definitivo saúde primaria Listado definitivo saúde secundaria