DigiTalent – Amplíase o prazo de inscricións das Charlas educativas ata o 15 de marzo
Os centros educativos poderán solicitar a inscrición no programa de Charlas educativas ata o próximo 15 de marzo.
As Charlas DigiTalent impartiranse nos centros educativos co obxectivo de mellorar a visión e percepción que o alumnado ten do mundo TIC. A través da colaboración de grandes empresas do sector, achegarase aos centros educativos a experiencia e proxectos dos profesionais que as conforman, baixo temáticas vinculadas ás novas tendencias dixitais como a Intelixencia Artificial, Blockchain, Ciencia do dato ou a Ciberseguridade, entre outras.
Os centros educativos poderán inscribirse ás charlas nas que estean interesados consultando a listaxe de charlas ofertadas polas empresas colaboradoras e a temática das mesmas, coa finalidade de promover no seu centro o atractivo vocacional das carreiras STEM.
O formulario de inscrición e máis información sobre o programa están dispoñibles na web DigiTalent: