Título node Learning object
Programas ADA e DIANA do Ministerio de Igualdade
Lun, 22/06/2020 - 13:54
O Ministerio de Igualdade acaba de retomar o prazo da solcitudes da convocatoria de obradoiros dos programas ADA e DIANA. O Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades leva desenvolvendo desde 2015 estes programas coa finalidade de promover o interese das nenas e das mozas nas áreas tecnolóxicas. Nesta edición ofrécense 15 obradoiros no programa ADA e 140 no programa DIANA.
- prograna ADA: propón realizar actividades de iniciación á tecnoloxía ao longo de todo o curso escolar presentando a vida de Ada Byron como fío condutor no desenvolvemento das actividades nas que se busca romper cos estereotipos de xénero, fomentando a participación e o empoderamento das nenas no uso das tecnoloxías. Vai dirixido a:
- alumnado de educación primaria: 3º, 4º, 5º e 6º
- alumnado de educación secundaria: 1º
- programa DIANA: céntrase en actividades de programación, desenvólvese arredor do Día Internacional das Nenas nas TIC (4º xoves de abril). En conxunto son intervencións que rompen cos estereotipos de xénero aproveitando o potencial da programación para fomentar a creatividade, o desenvolvemento de pensamento lóxico e abstracto, o traballo en equipo ou a resolución de problemas.
- alumnado de educación primaria: 3º, 4º, 5º e 6º
- alumnado de educación secundaria: 1º, 2º, 3º e 4º
- alumnado de FP básica e FP de grao medio.
Centros destinatarios: centros públicos e concertados
Novo prazo de solicitude: ata o 26 de xuño de 2020
Información e solicitude: a través da páxina web do Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades