Título node Learning object
A Secretaría Xeral da Igualdade convocou axudas para que as ANPA financien actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero.
RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI449B). Pódese consultar a convocatoria no DOG do 4 de febreiro.
Segundo a convocatoria, serán obxecto de subvención as citadas actividades e programas que respondan a algunha ou algunhas das seguintes tipoloxías previstas nas medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do eixe 1:
a) Escolas de pais e nais e/ou formación para as familias en temas de igualdade, de educación afectivo-sexual (aspectos fisiolóxicos e afectivo-emocionais) e sobre violencia de xénero.
b) Elaboración de materiais informativos para nais e pais que lles axuden a detectar a violencia de xénero de que poden ser vítimas ou agresores as súas fillas ou fillos adolescentes.
c) Realización de accións de formación, sensibilización e difusión, contra a cosificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas.
d) Formación para pais e nais e/ou para mozas e mozos sobre o uso adecuado e crítico da internet e as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc).
e) Accións de formación coas familias e/ou alumnado sobre novas masculinidades para romper cos micromachismos e os comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos.
f) Outras accións de formación e información para nais e pais que sensibilicen ás familias sobre os estereotipos persistentes na sociedade e tamén no eido educativo e sobre pautas para previr a violencia de xénero, ou para detectala e que se dean a coñecer entre as familias os protocolos existentes nos casos de agresións ou violencia contra as mozas.
Pódese consultar aquí a nova do curso anterior.
Prazo da convocatoria: ata o mércores 4 de marzo de 2020
Publicación da convocatoria: Resolución do 19 de decembro de 2020 (DOG do 4 de febreiro)
Se se precisa asesoramento para enfocar as distintas temáticas pódese consultar con esta Asesoría para recibir maior información.
Mónica Baleirón
Asesora de Igualdade
881 997 598
asesoria.igualdade@edu.xunta.gal