Título node Learning object

Fly the future
Xov, 30/01/2020 - 09:56
Fly the future

A Xunta de Galicia, en colaboración con Babcock, organiza Fly the future, dirixido a estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria.

Neste obradoiro amosarase o lado práctico das carreiras STEM, mediante a explicación, interacción e visión dos desenvolvementos tecnolóxicos abordados pola empresa Babcock na Civil UAVs Initiative. Realizarase unha visita ás instalacións do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), referente a nivel europeo para a realización de ensaios con vehículos non tripulados. Os estudantes tamén terán a oportunidade de ver ensaios de voo con UAVS e demostracións de simulacións de realidade virtual con lentes 3D.

Lugar: Aeródromo de Rozas - 27271 Castro de Rei (Lugo).
Horario: 10:00h – 12:00h.
Datas: 14 de febreiro, 6 de marzo, 3 de abril, 8 de maio e 5 de xuño de 2020.

Inscricións por rigurosa orde de petición a través de http://www.cisgalicia.org/flythefuture/
Máis información: 981 337 110 | civil-uavs-initiative@xunta.gal