Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidades de Lingua Extranxeira: Inglés (597032) e Lingua Extranxeira: Francés (597033)
Resolución do 27 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidades de Lingua Extranxeira: Inglés (597032) e Lingua Extranxeira: Francés (597033).
- O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.
NOTA: As persoas que posúan a titulación de Grao de Mestre en Educación Primaria, coa mención en Lingua estranxeira inglés ou francés, NON terán que achegar a acreditación do nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas do idioma correspondente en aplicación do establecido pola Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería (DOG nº80, do 26 de abril) modificada pola Orde do 21 de xuño de 2016 (DOG nº 128, do 7 de xullo).
Resolución do 27 de xaneiro de 2020 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritos Resolución provisional Listaxe provisional de persoas excluídas Inglés Listaxe provisional de persoas excluídas Francés Resolución do 04 de setembro de 2020 Listaxe definitiva de persoas excluídas Francés Listaxe definitiva de persoas excluídas Inglés