Título node Learning object

Encontros literarios en Gres o 26 de xaneiro
Xov, 23/01/2020 - 12:15
Encontros literarios en Gres o 26 de xaneiro

A escritora Antía Yáñez protagonizará o domingo 26 de xaneiro a partir das 17.00 horas o terceiro dos Encontros Literarios organizados desde 2019 pola Fundación Xosé Neira Vilas na súa sede en Gres. O faladoiro vai estar conducido por Pilar Sampedro, membro do padroado da fundación e experta en literatura infantil e xuvenil Estas xornadas pretenden dar a coñecer as obras de autoras e autores da literatura galega e así mesmo explorar a influencia que tivo nelas a de Xosé Neira Vilas.

A sede da Fundación, casa natal de Xosé Neira Vilas e que acolle o Centro Cultural de Gres, continúa, con este novo acto, coas tarefas de difusión e promoción da obra do autor das Memorias dun neno labrego que se concretan a través das actividades culturais desenvolvidas durante todo o ano. Entre elas figuran os Encontros Literarios, destinados a dar a coñecer a obra de autoras e autores xoves e a súa relación coa obra de Xosé Neira Vilas. Lois Alcayde e Rosa Aneiros protagonizaron os dous eventos anteriores.