Título node Learning object
Convocatoria do concurso de carteis do 8 de marzo, Día Internacional da Muller
Mér, 22/01/2020 - 11:44
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.
Centros destinatarios: centros de ensino non universitario
Categorías:
- Alumnado de 1º a 4º de primaria
- Alumnado de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO
- Alumnado de 3º e 4º da ESO, de 1º e 2º de bacharelato, de FP Básica e de ciclos de grao medio e superior de formación profesional.
Presentación das solicitudes: cada centro poderá presentar un traballo por categoría de participación
Prazo: ata o xoves 20 de febreiro de 2020