Título node Learning object

I Edición "Desafío AMETIC"
Ven, 10/01/2020 - 11:01
I Edición "Desafío AMETIC"

A patronal do sector dixital lanza a primeira edición "Desafío AMETIC" para premiar proxectos tecnolóxicos orientados á externalización de servizos

A convocatoria vai dirixida a centros educativos de FP, universidades, e escolas de negocio que realicen proxectos innovadores para mellorar os procesos comerciais, tanto de xestión, como de venda, a través da incorporación de tecnoloxías habilitadoras, como IoT ou Big Data, entre outras.  

Os galardóns entregaranse durante a celebración do III Foro da Alianza polo Desenvolvemento do Talento Dixital organizado por AMETIC, que terá lugar na segunda quincena de marzo en Madrid.