Título node Learning object

Concurso de debuxo “Captura a sociedade dixital!”
Dom, 15/12/2019 - 19:26

A Axencia de Modernización Tecnolóxica (Amtega) pon en marcha o Concurso de debuxo “Captura a sociedade dixital!” no marco do proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030

O obxectivo do concurso é facer participes aos máis novos neste proceso e coñecer a súa visión e expectativas sobre como a transformación dixital cambiará a sociedade galega nos próximos 10 anos a través dun debuxo

Participantes

  • Alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria de centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha idade comprendida entre os 5 e os 12 anos (ambas as dúas inclusive)

Inscricións

  • O período de inscrición estará aberto desde o día 16 de decembro ata o 17 de xaneiro. O persoal docente será o responsable de inscribir aos seus alumnos e alumnas interesados/as en participar

Prazo de entrega

  • O prazo para enviar os debuxos do alumnado previamente inscrito estará aberto desde o día 16 de decembro ata o día 24 de xaneiro de 2020
  • Para máis información consultar a web: amtega.xunta.gal/edg2030/concursos

Premios

  • Premiarase cunha tablet a cada un dos/as alumnos/as responsables dos 3 mellores debuxos (1º, 2º e 3º premio)

Documentación

Bases do Concurso 

 Autorización para participar no concurso “Captura a sociedade dixital!”

Formulario de inscrición

Cartel “Captura a sociedade dixital!” 

 

Ante calquera dúbida, dirixirse ao correo electrónico edg2030@xunta.gal