Título node Learning object
Segura-Mente é un programa de sensibilización educativa para o alumnado de Primaria (3º a 6º curso), ESO e FP Básica, creado co fin de fomentar a cultura da prevención, así como un programa escolar de educación financeira baseado na asunción de riscos, a toma de decisións e a aceptación de responsabilidades.
Fomentando nos alumnos e nas alumnas unha cultura da prevención, aprenderán a crear o seu propio sistema de valores para usalo de forma coherente e dese modo poder afrontar de forma segura decisións e conflitos.
O obxectivo do programa "Segura-Mente" é ofrecer a cada docente os recursos didácticos necesarios para permitir que o seu alumnado comprenda o valor do imprevisto.
Máis información
https://www.programaseguramenteabanca.com/que-é-seguramente/