Resolución provisional dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2019/2020
Xov, 07/11/2019 - 09:25
Publícase a listaxe provisional dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2019/20.
Tal e como se establece no apartado 10.2 da Resolución do 23 de setembro de 2019 que regula o Plan Proxecta, ábrese un prazo de 10 días naturais (ata o 17 de novembro de 2019, inclusive) para efectuar reclamacións e/ou renuncias a esta listaxe provisional, que deberán presentarse no enderezo electrónico planproxecta@edu.xunta.es.
Achégase un modelo orientativo de reclamacións ou renuncias.