Un total de 31 centros educativos de Galicia imparten o STEMbach no curso 2019/2020
A conselleira e o delegado da Xunta na provincia da Coruña visitaron esta mañá o IES Lamas de Abade, un dos que se incorpora a este modelo
Duplícase o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, coa incorporación de 16 novos centros
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o delegado da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron esta mañá o compostelán IES Lamas de Abade, un dos centros educativos que este curso 2019/2020 comezan a impartir o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach). En Galicia serán un total de 31 centros educativos, dos que 16 son de nova incorporación, os que conten con esta modalidade de Bacharelato, que se implantou por primeira vez en Galicia no curso 2018/19 como experiencia piloto. O pasado curso un total de 200 alumnos de 15 centros educativos cursaron estas ensinanzas.
Pomar salientou a oportunidade que esta iniciativa supón para o alumnado, dado que lle permite achegarse a un modelo educativo máis apegado á Universidade. Así mesmo, amosouse satisfeita polo feito de que o ano pasado a porcentaxe de rapazas que cursou estes estudos foi do 50%, igualada polo tanto coa de homes. Tal e como sinalou, isto supón avanzar de xeito satisfactorio nun dos principais obxectivos da estratexia STEM do seu departamento: fomentar as vocacións científico tecnolóxicas de xeito especial entre as mulleres.
Os centros de nova incorporación ao STEMbach no curso 21019/20, tal e como publicou o Diario Oficial de Galicia onte, son os que seguen:
Provincia |
Concello |
Nome do centro |
A Coruña |
A Coruña |
IES Salvador de Madariaga |
A Coruña |
Betanzos |
CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Del Carmen |
A Coruña |
Ferrol |
CPR Tirso de Molina |
A Coruña |
Ferrol |
IES Concepción Arenal |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
CPR Plurilingüe Compañía de María |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
IES Lamas de Abade |
A Coruña |
Culleredo |
CPR Plurilingüe Rías Altas |
A Coruña |
Cambre |
IES David Buján |
A Coruña |
Oleiros |
IES Miraflores |
Ourense |
Ourense |
IES As Lagoas |
Pontevedra |
Tui |
IES San Paio |
Pontevedra |
Vigo |
CPR Plurilingüe Miralba |
Pontevedra |
Pontevedra |
IES A Xunqueira II |
Pontevedra |
Moaña |
IES As Barxas |
Pontevedra |
Pontevedra |
IES Gonzalo Torrente Ballester |
Pontevedra |
Bueu |
IES Johan Carballeira |
Centros docentes de continuidade no STEMbach:
Provincia |
Concello |
Nome do centro |
A Coruña |
A Coruña |
CPR Plurilingüe Compañía de María |
A Coruña |
A Coruña |
IES Agra do Orzán |
A Coruña |
Ferrol |
IES Sofía Casanova |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
IES Plurilingüe Rosalía de Castro |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
IES Arcebispo Xelmírez II |
A Coruña |
Oleiros |
IES María Casares |
Lugo |
Lugo |
IES Lucus Augusti |
Lugo |
Lugo |
IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes |
Lugo |
Monforte de Lemos |
IES Francisco Daviña Rey |
Ourense |
Ourense |
IES Eduardo Blanco Amor |
Pontevedra |
Cambados |
IES Ramón Cabanillas |
Pontevedra |
Lalín |
IES Ramón Mª Aller Uloa |
Pontevedra |
Moaña |
IES Plurilingüe A Paralaia |
Pontevedra |
Vigo |
IES República Oriental de Uruguay |
Pontevedra |
A Guarda |
IES A Sangriña |
Características do STEMBach
O obxectivo deste bacharelato -enmarcado na Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020- é promover a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria, e tendo en conta a perspectiva de xénero. Ademais, favorécese unha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica; así como o desenvolvemento da creatividade, do sentido da iniciativa ou do emprendemento e da resolución de problemas.
O alumnado que curse este bacharelato, -ben sexa na modalidade de Humanidades, na de Ciencias ou na de Ciencias ou Artes-, no segundo ano deberá desenvolver un proxecto de investigación individual ou colectivo con posterior defensa pública. Este proxecto, similar ao traballo de fin de grao, será co-dirixido por un docente dun departamento universitario ou dun centro de investigación de prestixio do Sistema Universitario de Galicia (SUG), e será titorizado polos profesores que impartan a materia de afondamento STEM.
Así mesmo cursará unha materia extracurricular semanal, de dúas ou tres horas, de afondamento relacionada co ámbito de materias STEM e cunha orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais. Esta materia será a mesma nos dous cursos coa correspondente secuenciación curricular.
O bacharelato complétase con actividades de formación -organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades ou organismos investigadores, ou con persoas investigadoras de recoñecida competencia- como conferencias, obradoiros ou proxectos.
Ao final da etapa, e tras a avaliación positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa do proxecto de investigación, o alumnado recibirá unha credencial da dirección do centro de que realizou os estudos correspondentes a este programa.