Título node Learning object
Aula Móbil Newton en Lugo
Xov, 03/10/2019 - 13:45
Recentemente foi lanzado o proxecto Newton en Europa, que inclúe a posta en marcha das Aulas Móbiles Newton, que presentarán o concepto Newton a alumnado, profesorado e autoridades educativas de nove países europeos. Lugo é o primeiro destino en Europa onde estará instalada a Aula Móbil Newton, do 22 de outubro ata o 8 de novembro de 2019, co módulo Newton "Voamos cos números", centrado na aviación e nas matemáticas.
O obxectivo é proporcionar ao alumando a oportunidade de explorar, usar equipos de alta calidade, colaborar, debater e divertirse coa ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas (STEM).
Este programa educativo STEM, organizado conxuntamente por Boeing, a Xunta de Galicia, o Concello de Lugo e FIRST Scandinavia, é ideal para alumnado de idades comprendidas entre os 14 e os 16 anos.
As actividades son gratuítas.