Título node Learning object
A Secretaría Xeral de igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan un ano máis o Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de novembro.
Tema: reflexión contra a violencia de xénero
Lema obrigatorio: 25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero [mantendo as maiúsculas e minúsculas tal e como figura nas bases]
Destinatarios: centros de ensino públicos e concertados, que impartan ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional
Participación: equipos constituídos por 1 docente e ata 5 alumnos/as; procurarase o equilibrio na participación de alumnas e alumnos en cada equipo.
Categorías:
- 1ª categoría: alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO
- 2ª categoría: alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato, FP básica, ciclos de grao medio, ciclos de grao superior
Modalidades:
- Imaxe gráfica (formato DIN A3)
- Pezas audiovisuais (curtas, videoclips, performances, flashmob, danza, videopoemas, textos recitados etc.)
Prazo de presentación dos traballos: ata o 11 de novembro de 2019 (ás 15.00 h)
Indicacións para para os envíos:
- para participar na modalidade de Imaxe gráfica
- asunto: I Concurso 25 de novembro - Imaxe gráfica
- enderezo postal: Secretaría Xeral de Igualdade, Edif. Administrativo de San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela (produto gráfico + memoria)
- correo electrónico: premios25n.igualdade@xunta.gal (enviarase un documento en formato PDF ou JPG + identificación do centro)
- para participar na modalidade de pezas audiovisuais
- asunto: I Concurso 25 de novembro - Audiovisual
- enderezo postal: Secretaría Xeral de Igualdade, Edif. Administrativo de San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela (produto audiovisual + memoria)
- correo electrónico: premios25n.igualdade@xunta.gal (enviarase unha ligazón de descarga + identificación do centro)