Título node Learning object
O Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2019/2020 renova a súa liña de formación en materia de igualdade para camiñar cara a construción dunha escola coeducativa. No seu capítulo 8 incorpora unha sección dedicada á igualdade, á coeducación e á prevención da violencia de xénero na que se avanzan as liñas polas que se vai traballar. Con esta oferta formativa quérese favorecer o coñecemento e asensibilización do profesorado galego respecto da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, da violencia de xénero e da diversifobia.
Para favorecer a conciliación, ofrécese unha ampla oferta de cursos en rede que cobren as 20 h (nivel básico) esixible ao persoal funcionario ao servizo da Administricación pública galega. Ademais amplíase a oferta de cursos presenciais en todos os CFR co fin de favorecer o encontro e o intercambio de ideas, propostas e dificultades que se presentan no día a día do profesorado.
Esta oferta formativa enmárcase dentro do acordo de colaboración asinado coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Ademais das actividades formativas ofertadas pola CEUFP, o Plan de Formación do Profesorado ofrece a posibilidade de formalizar a formación no propio centro (PFPP) a través de grupos de traballo ou seminarios. A título individual tamén se convocaron este ano as licenzas de formación:
- prazos para solicitar un grupo de traballo/seminario: 27 de setembro de 2019 (preinscrición) e 8 de outubro de 2019 (solicitude e proxecto).
- prazos para solicitar unha licenza: 12 de xuño de 2019 (preinscrición) e 21 de xuño de 2019 (solicitude e proxecto).
Pódese consultar todas as actividades formativas en FPROFE. A día de hoxe, os cursos que se poden realizar son os seguintes:
-
En rede
-
Formación inicial en igualdade (G1901047). 1º trimestre. Duración: 20 h non presenciais.
-
Formación inicial en igualdade (g1901089, G1901090). 1º trimestre. Duración: 20 h non presenciais. Curso obrigatorio para o novo persoal funcionario. Véxase a información relacionada nesta nova.
-
Educación en igualdade para o departamento de orientación (G1901041). 2º trimestre. Duración: 25 h non presenciais.
-
Educación en igualdade para o equipo directivo (G1901042). 2º trimestre. Duración: 25 h non presenciais.
-
Educación en igualdade para o profesorado de educación infantil e primaria (G1901043). 2º trimestre. Duración: 25 h non presenciais.
-
Educación en igualdade para o profesorado de ensino secundario e postobrigatorio (G1901044). 2º trimestre. Duración: 25 h non presenciais.
-
Estratexias para a promoción da igualdade no ámbito educativo. Plan Proxecta (G1901046). 2º trimestre. Duración: 30 h non presenciais.
-
Abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Plan Proxecta (G1901016). 2º trimestre. Duración: 30 h non presenciais.
-
Consumo e xénero. Plan Proxecta (G1901034). 2º trimestre. Duración: 30 h non presenciais.
-
Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero. Plan Proxecta (G1901057). 2º trimestre. Duración: 30 h non presenciais.
-
-
CAFI (Santiago de Compostela)
-
A comunicación en igualdade a través das TIC (S1901018). 1º trimestre. Duración: 30 h (18 presenciais + 12 non presenciais).
-
Prevención da violencia de xénero desde a escola. Curso 2019-2020 (G1902002). 1º trimestre. Duración: 8 h presenciais.
-
Educar para a igualdade nas relacións afectivo-sexuais (S1901077). 1º trimestre. Duración: 20 h (16 presenciais + 4 non presenciais).
-
Formación básica para asesoramento en igualdade (S1902036). 2º trimestre. Duración: 12 h. Formación interna para os CFR.
-
Mocidade desmontando o patriarcado. Metodoloxía para o empoderamento xuvenil na prevención de violencias machistas. Plan Proxecta (G1901075). 2º trimestre. Duración: 20 h (16 h presenciais + 4 h non presenciais).
-
XXI Foro galego de educación en igualdade. Plan Proxecta. Curso 2019-2020 (G1914001). 2º trimestre. Duración 12 h presenciais.
-
Igualdade e retos en educación. Curso 2019-2020 (G1902001). 2º trimestre. Duración: 8 h presenciais.
-
Diversidade afectivo-sexual e familiar. Coñecer para acompañar (S2002321). 3º trimestre. Duración: 10 h presenciais.
-
-
CFR da Coruña
-
Conmemorando a igualdade todo o ano (C1901016). 1º trimestre. Duración: 20 h (16 presenciais + 4 non presenciais).
-
Formación básica para asesoramento en igualdade (C1902025). 2º trimestre. Duración: 12 h. Formación interna para os CFR.
-
Educar para a igualdade nas relacións afectivo-sexuais (C1901019). 2º trimestre. Duración: 20 h (16 presenciais + 4 non presenciais).
-
STEM en feminino (C1903006). 2º trimestre. Duración: 20 h (14 presenciais + 6 non presenciais).
-
-
CFR de Ferrol
-
A comunicación en igualdade a través das TIC (F1901008). 1º trimestre. Duración: 30 h (18 presenciais + 12 non presenciais).
-
Formación básica para asesoramento en igualdade (F1902025). 2º trimestre. Duración: 12 h. Formación interna para os CFR.
-
Educar para a igualdade nas relacións afectivo-sexuais (F1901018). 2º trimestre. Duración: 20 h (16 presenciais + 4 non presenciais). ANULADA
-
-
CFR de Lugo
-
Conmemorando a igualdade todo o ano (L1901011). 1º trimestre. Duración: 20 h (16 presenciais + 4 non presenciais).
-
Formación básica para asesoramento en igualdade (L1902024). 2º trimestre. Duración: 12 h. Formación interna para os CFR.
-
Educar para a igualdade nas relacións afectivo-sexuais (L1901015). 2º trimestre. Duración: 20 h (16 presenciais + 4 non presenciais).
-
-
CFR de Ourense
-
Conmemorando a igualdade todo o ano (O1901010). 1º trimestre. Duración: 20 h (16 presenciais + 4 non presenciais).
-
Educar para a igualdade nas relacións afectivo-sexuais (O1901015). 1º trimestre. Duración: 20 h (16 presenciais + 4 non presenciais).
-
Formación básica para asesoramento en igualdade (O1902021). 2º trimestre. Duración: 12 h. Formación interna para os CFR.
-
STEM en feminino (O1903003). 2º trimestre. Duración: 20 h (14 presenciais + 6 non presenciais).
-
-
CFR de Pontevedra
-
Conmemorando a igualdade todo o ano (P1901011). 1º Trimestre. Duración: 20 h (16 presenciais + 4 non presenciais).
-
Formación básica para asesoramento en igualdade (P1902025). 2º trimestre. Duración: 12 h. Formación interna para os CFR.
-
Educar para a igualdade nas relacións afectivo-sexuais (P1901016). 2º trimestre. Duración: 20 h (16 presenciais + 4 non presenciais).
-
STEM en feminino (P1903004). 2º trimestre. Duración: 20 h (14 presenciais + 6 non presenciais).
-
-
CFR de Vigo
-
A comunicación en igualdade a través das TIC (V1901019). 1º Trimestre. Duración: 30 h (18 presenciais + 12 non presenciais).
-
Tratamento da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas (V1902027). 1º Trimestre. Duración 8 h.
-
Formación básica para asesoramento en igualdade (V1902031). 2º trimestre. Duración: 12 h. Formación interna para os CFR.
-
Educar para a igualdade nas relacións afectivo-sexuais (V1901033). 2º trimestre. Duración: 20 h (16 presenciais + 4 non presenciais).
-
Como medida de conciliación, cómpre ter en conta tamén o dereito preferente das persoas con licenza ou excedencia por coidado familiar (pódese consultar toda a información nesta nova ou na páx. 8 do Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2019/2020).
Cómpre lembrar que, segundo o recollido no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, o persoal ao servizo da Administración pública debe recibir formación en materia de igualdade para obter coñecementos básicos que lle permitan aplicar o principio de igualdade no seu exercicio profesional. No dito decreto recóllese o que segue:
-
nivel básico: obrigatorio; 20 horas de duración; prazos para adquisición:
-
novo persoal funcionario: 6 meses (durante a realización da fase de prácticas).
-
persoal docente que xa é funcionario: ata 10 anos desde a entrada en vigor do Decreto 70/2017 (isto é, ata o 1/02/2028).
-
-
nivel medio: opcional; 150 horas.
-
nivel superior: opcional, pero obrigatorio para acreditarse como persoal formador; 500 horas.