Título node Learning object

Cursos titorizados en liña 2019: 2ª edición de cursos de formación en Rede do Profesorado 2019
Lun, 03/06/2019 - 14:40
Cursos titorizados en liña 2019: 2ª edición de cursos de formación en Rede do Profesorado 2019

O Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do INTEF, convoca a 2ª edición de cursos de formación en Rede para o profesorado.

O prazo de inscrición na 2ª edición comezou o 17 de maio e finalizará o 5 de xuño de 2019 (ámboslos dous incluídos).

Ofértanse 25 cursos, cuxa descrición, incluída a información necesaria para a inscrición, pódese consultar na páxina da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional, na que se irán publicando tamén as novidades relativas á mesma. Deste total de 25, 15 cursos son novos e todos eles están dirixidos ao profesorado que imparte ensinos regulados por LOE.

Os cursos  desenvolveranse do 12 de setembro ao 12 de novembro de 2019.

Máis información

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-ao-cidadán/catalogo/profesorado/profesorado-non-universitario/cursos-e-xornadas/formacion-en-rede-profesorado.html